CATORCE PROXECTOS GALEGOS ENTRE OS FINALISTAS DA XVI EDICIÓN DOS PREMIOS MIN
Un xurado composto por profesionais do sector vén de elixir aos 5 nominados aos Premios MIN en cada categoría, dentre os semifinalistas que votara o público. Lideran os nomeamentos tres agrupacións galegas, ou con algún galego implicado*: Ginebras* con cinco en total, incluídas ‘Canción do Ano’ e ‘Álbum de Pop’; séguenlle Tanxugueiras e Fillas de Cassandra con catro nomeamentos cada unha. O trío de cantareiras opta a gañar nas categorías de ‘Canción do Ano’ e ‘Produción Musical’, entre outras; mentres que o dúo vigués está nomeado, ademais de a ‘Videoclip’, a ‘Artista Emerxente’, ‘Álbum de Música de Raíz’ e ‘Álbum en Galego’.
Boyanka Kostova, Caamaño&Ameixeiras, Fillas de Cassandra, Grande Amore e Ortiga son os cinco proxectos nomoeados na categoría de ‘Álbum en Galego’. Completan a lista de finalistas da nosa terra BAIUCA & Alba Reche, BALA, Carlangas, Concerto 1700, The Rapants, Triángulo de Amor Bizarro e Xoel López.
Os gañadores desta XVI edición dos Premios MIN daranse a coñecer o vindeiro 17 de abril na gala de entrega que se celebrará na Sala Multiusos do Auditorio de Zaragoza con LalaChus como mestra de cerimonias.
BAIUCA & Alba Reche
Canción do ano: “Diamante” • Gravación de electrónica “Diamante / La mare” • Produción musical: Alejandro Guillán por “Diamante / La Mare”
BALA
Videoclip: “Prisas” dirixido por Leo López
Boyanka Kostova
Gravación de músicas urbanas: Os meus peidos cheiran a pétalos perfumados (2023) • Álbum en galego: Os meus peidos cheiran a pétalos perfumados (2023)
Caamaño&Ameixeiras
Álbum de música de raíz: Quitar o aire (2023) • Álbum en galego: Quitar o aire (2023)
Carlangas
Álbum de pop: Carlangas (2023) • Deseño gráfico (Rocío Ortiz)
Concerto 1700
Álbum de clásica: Domenico Scarlatti: Amorosi accenti (2023)
Fillas de Cassandra
Artista emerxente • Videoclip: “II. Lisístrata (Varre Vasoira)” dirixido por Santiago Iglesias e Fillas de Cassandra • Álbum de música de raíz: Acrópole (2023) • Álbum en galego: Acrópole (2023)
Ginebras*
Canción do ano: “Billie Max” • Videoclip: “Muchas gracias por venir” dirixido por Víctor Mejías e Albert Perdices • Letra orixinal: “Billie Max” • Álbum de pop: ¿Quién es Billie Max? (2023) • Deseño gráfico (Alberto Miranda)
Grande Amore
Álbum en galego: II (Ernie Records, 2023)
Ortiga
Gravación de electrónica: Ortiga e Pili Pampín (2023) • Álbum en galego: Ortiga e Pili Pampín (Ernie Records, 2023)
Tanxugueiras
Canción do ano: “Hoxe, mañá e sempre” • Videoclip: “Aire” dirixido por Diego M. Barcia e Diego Santaclara (Trece Amarillo) • Produción musical: Valeria Castro, Tanxungueiras e Iago Pico por “Hoxe, mañá e sempre” • Letra orixinal: “As que tiñan que estar”
The Rapants
Artista emerxente
Triángulo de Amor Bizarro
Álbum de rock: Sed (2023)
Xoel López
Álbum de pop: Caldo Espírito (Esmerarte, 2023) • Álbum do ano: Caldo Espírito (Esmerarte, 2023)