• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
  noticias  

COMO SUMARSE A GALICIANTUNES.COM

Como sumarse a GalicianTunes.com
14 AGOSTO 2023

Quen pode participar?

GalicianTunes.com é unha web promocional aberta a todos os artistas e grupos galegos de carácter profesional, calquera que sexa o seu estilo, así como a festivais e empresas que configuran a nosa industria musical.

Na plataforma son os propios artistas e grupos, empresas ou festivais os que xestionan os seus perfís.


Cales son os requirimentos?

Grupos e artistas: que sexan galegos ou residentes en Galicia. Excepcionalmente, tamén aqueles que aínda que non reúnan algunha das dúas condicións anteriores, se destaquen publicamente por unha especial contribición á promoción da cultura e da música galegas.

Insustria musical: empresas domiciliadas ou con establecemento operativo na nosa Comunidade que desenvolvan a súa actividade profesional dentro do sector da música.

Festivais: todos aqueles que teñan a súa sede principal en Galicia.


Cumprimos as condicións, agora que facemos?

Son 4 pasos:

1. ALTA: Para a alta precisamos que nos enviedes a galiciantunes@gmail.com o nome do artista ou grupo, empresa ou festival tal como queredes que apareza na web e un enderezo de correo electrónico de contacto. Só poden pedir a alta os propios artistas e grupos ou quen acredite ser o seu representante.

2. FORMULARIO: Tras a alta, enviámosvos os datos de acceso (usuario e contrasinal) a un formulario na web no que cubrir a información sobre o artista ou grupo, festival ou empresa. Esta información será a que apareza publicada en galiciantunes.com polo que é moi importante enchelo da forma máis exhaustiva posible. Pode cubrirse en varias sesións: ata que non apareza marcada a casa de “acepto as condicións legais” non comeza o proceso de revisión.

3. REVISIÓN: Os datos do formulario revísanse para que todas os perfís respondan aos mesmos criterios editoriais polo que a súa publicación non é inmediata (24-48 horas). Se despois da revisión atopamos calquera problema, notificámolo por correo electrónico.

4. PUBLICACIÓN: O perfil revisado publícase e comunicámosvos que xa está dispoñible na web. Pero en calquera momento podedes acceder co voso usuario e contrasinal para incorporar nova información ou modificar a que xa hai. De feito, pregámosvos que, por favor, o manteñades actualizado.

 

E se en calquera momento tedes algunha dúbida ou pregunta, sempre podedes contactar con nós en galiciantunes@gmail.com.

 

ETIQUETAS

  noticias