• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
EL BUHØ

EL BÚHØ nace en 2015 da man de Hector Martínez e Xosé Lueiro aos que, posteriormente, unirase Rubén Abel, configurando así o cerne creativo: Hector coas composicións, Lu coas letras e Rubén cos arranxos de guitarra. EL BÚHØ é pop-rock de influencias indie con pequenos escintileos de rock e electrónica na liña de bandas e artistas como Jeff Buckley, Kodaline, Coldplay, John Mayer, Radiohead ou MUSE. Con letras en castelán, intimistas e poéticas, a súa música, presenta grande alternancia rítmica con baladas cheas de profundidade e un pop suave e acústico ás veces, e abrupto e potente, outras.

En 2018, Hector e Rubén viaxan xuntos a Los Ángeles na procura de novas experiencias co obxectivo de nutrir o son da banda baixo a dirección do produtor Juan de Dios Martín (Amaral, Xoel López, Barón Rojo). Xunto cos músicos Aaron Sterling e Sean Hurley (John Mayer, Taylor Swift, Alicia Keys, Miley Cyrus), producen varios temas que, máis tarde, serían masterizados por Felipe Tichauer (Christina Aguilera, Luis Fonsi).

Logo dalgúns momentos de acougo traballando en bastidores, varios concertos en acústico durante eses anos e varios cambios no formato eléctrico, a finais de 2018 únense ao proxecto Bruno Couceiro á batería e Ale Cambón ao baixo, compoñendo así EL BÚHØ que coñeceredes sobre os escenarios: Hector Martínez (voz, piano), Rubén Abel (guitarras), Bruno Couceiro (batería, efectos) e Ale Cambón (baixo eléctrico).

Contratación

Hector Martínez
630 981 051
musica.elbuho@gmail.com

Discografía

Flotas

EL BÚHØ

2023, CDBaby

Vídeos

Flotas - EL BÚHØ (Videoclip Oficial)

EL BÚHØ

En Tu Galaxia

EL BUHØ

Manzanas

EL BUHØ

Tal vez tamén che gusten