• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Calero

Natural de Nigrán, Pontevedra (1981), CALERO é un deses artistas que camiñan á marxe das modas e tendencias do momento. Fiel a súa integridade creativa, o seu traballo no estudio vóltase un proceso de introspección que cada certo tempo saca á luz proxectos cargados de honestidade e estilo, representando o concepto de independencia en toda a súa significación.

Dende hai xa cinco anos, o cantante e compositor galego apostou por dar o salto á música pop en castelán. Con esa decisión iniciou un intenso proceso de renacemento creativo, incorporando en cada nova canción elementos sonoros electrónicos e texturas ambientais, para convertir cada escoita nunha intensa viaxe sensorial.

Sen deixar de lado as súas influencias clásicas da man de artistas como Joan Manuel Serrat, Nino Bravo ou Joaquín Sabina, CALERO traza un nexo de unión entre pasado e presente, utilizando armonías vocais propias dos ´70 con capas sonoras que nos trasladan ao terreo da música pop máis contemporánea.

Despois de máis de 15 anos de carreira musical, CALERO compartiu escenarios con artistas tan diversos como Depedro, Fabián y la Banda del Norte, Arizona Baby, Russian Red o Willie Nile; deixando constancia sempre da calidade e o nivel de todos e cada un dos seus proxectos.

Contratación

Gutier Calero Taboada
630 170 043
caleromusictracks@gmail.com

Discografía

Un as en la manga

CALERO

2017, Summerfield Records

Vídeos

Aire

CALERO

This old road

CALERO

Volveré

CALERO

Tal vez tamén che gusten