• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
ASI/SI

Somos unha banda de Pontevedra que rendemos tributo a AC/DC con pequenos matices con respecto a outras formacións, o noso son, xeito de executar e unha voz feminina ao micrófono que sorprendería ao mesmísimo Brian Johnson.

Comezamos cunha formación inicial de Jorge (voz, guitarra), Dani (guitarra rítmica, coros), Noli (baixo) e Juan Carlos (batería) aí polo 2013. En 2014 fichamos a Mónica, a cantante (máis ben fichounos ela), a alma do grupo, e a finais dese ano, Dani tivo que deixar a formación por motivos persoais; iniciamos unha serie de contactos, entrevistas e práctica con guitarristas para ver cal encaixaba no noso proxecto. En xaneiro de 2015, despois dunhas cantas sesións con todos eles, decantámonos por Sergio quen, vindo dun estilo un pouco diferente, meteuse no papel sen problemas, aprendendo día a día os matices de Malcom Young. Noli, o baixista, deixounos para dar paso a Santi no 2016.

A partir de 2017 comezamos «seriamente», fomos crecendo e abríndonos oco na nosa provincia. Esperamos difundir o noso estilo musical en todas as redes sociais e páxinas web con ganas, forza e mentalidade suficiente como para dalo todo no escenario. Non somos tributo en si, senón que tocamos co noso estilo as cancións de AC/DC; a xente que nos escoita sabe que lle damos un toque persoal aos temas, alén de igualar ao grupo orixinal.

Contratación

Jorge
609 985 523
tributoacdc.asisi@gmail.com

Vídeos

Whole Lotta Rosie (Official Video)

ASI/SI

Stiff Upper Lip (Official Video)

ASI/SI

Tal vez tamén che gusten

¡Qué Desilusión!

Brutal

Deleiba

Dr. Garimba

Grand Soul Band

Graveroad St.