• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Kings of the Beach

KINGS OF THE BEACH nace en Vigo no verán de 2013 e son Adrián Rodríguez (guitarra, voz), Yago Guirado (baixo, voz) e Samuel Otero (batería). A principios do 2015 publican a súa primera maqueta, "Badass", pegando forte na sempre prolífica escena galega. Un ano máis tarde, en febreiro de 2016, publican o seu primeiro EP, "Bat Pussy".

O son de KINGS OF THE BEACH pode definirse como salvaxe, playero e rápido, coma un sopapo na cara. Comparados con Together Pangea ou os mismísimos FIDLAR, fardan “dun directo rápido, con suor e moitas hostias”. Participaron en importantes festivais (SXSW, Atlantic Fest, Fuzzville, O Marisquiño), foron finalistas do 30 Concurso Internacional de Bandas Villa de Bilbao e compartiron escenario con bandas nacionais e internacionais como The Gories, Sexy Zebras, Los Bengala, White Fang, Preoccupations o Metz.

“Super Awkward, Fucking Awesome” (CIUDAD OASIS, 2018) é a primeira referencia íntegra editada simultáneamente en fortmatos vinilo e cassette por CIUDAD OASIS. Grabado en Gamma Studio e masterizado por Brad Boatright de Audiosege (Portland), O disco preséntase coma un compendio garage-punk-rock, ás veces melódico, case sempre frenético.

Dez pistas redondas e con personalidade propia, dende o surf cáustico de “Eat Snot” ata “Wasted/Young”, unha canción que pulsa a tecla máxica dos himnos xeneracionais. Se “Super Awkward, Fucking Awesome” pareceche un bo disco –que o é–, espera a ver como soan en directo...

Contratación

CIUDAD OASIS
LUIS GONZÁLEZ
633 142 314
luis@ciudadoasis.com

Discografía

Super Awkward, Fucking Awesome

KINGS OF THE BEACH

2018, CIUDAD OASIS

Estella

KINGS OF THE BEACH

2017, Ciudad Oasis

Bat Pussy

KINGS OF THE BEACH

2016, Kings of the Beach

Vídeos

Wasted / Young

KINGS OF THE BEACH

Blisters on my Theeth

KINGS OF THE BEACH

Goats

KINGS OF THE BEACH

Tal vez tamén che gusten