
GRILO é un grupo de rock en galego creado na cidade de Compostela en 2018. Está composto por Adrián, á guitarra e voz; Miguel, á bateria; e Alberte, ao baixo e coros.En novembro dese mesmo ano publican “Criminal” (2018), o seu primeiro single; un trallazo de rock duro, sen escrúpulos, que deixa ver as influencias da música stoner, do metal, e do grunge nas que se move o grupo. En marzo do ano seguinte publican “Rebelión” (2019), un novo asalto sonoro á escena musical galega, que posiciona a GRILO entre as bandas revelación máis destacadas.
Contratación
Seispés Producións Creativas, S.LXiana Lastra +34 679 44 99 73 info@seispes.com