Dioivo é un dúo de metal extremo fundado en Vigo en 2016. O grupo naceu poñendo música ao poema de Rosalía de Castro ‘Sempre pola morte esperas’; a partir de aí, seguiu adiante coa idea de mesturar estilos coma o black metal melódico ou o thrash, empregando a lingua galega e servíndose unicamente de batería, guitarra e voz. Desde o seu inicio está formado por Dani e Jacobo, que xa coincidiran na banda de thrash metal Rust in Peace.Axiña comezaron a ser habituais de salas viguesas, como Transylvania ou Frenopátiko, e sacan seu primeiro EP, “Dioivo” (2016), gravado por Pablo López Figueroa. Co disco autoeditado baixo o brazo, comezan a tocar por salas de toda Galicia, e mesmo na localidade vasca de Amurrio xunto a Nakkiga, ou en Segovia xunto a Mortal Maze. Resultaron, ademais, galardoados co 2º premio no certame Xuventude Crea da Xunta en 2016 e 2017.En 2018 gravan o seu primeiro longo, “Dioivo II”, en Unreal Studios (Marín); 50 minutos en oito temas onde incorporan o son da guitarra eléctrica de 12 cordas. O disco foi editado en xaneiro de 2019 polo selo estatal Darkwoods. A súa continuación chega en 2021 co EP “Dioivo III”, gravado en Vigo por Manu Coia e no que participan os vocalistas Dana e Marcos de Mileth. Ese mesmo ano lanzan “Retorno a Tagen Ata”, un tema de 11 minutos baseado na novela homónima de Méndez Ferrín e no que o propio autor participa facendo as narracións, gravado por Dany Soengas.
Contratación
DioivoJacobo Mouriño Almeida 608 431 409 - 648 721 153 jacobo979@gmail.com