• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
WÖYZA

WÖYZA (Moaña, 1984) cantante e autora, letrista, productora galego-uruguaia, pioneira e referente no hiphop-soul e R&B en lingua española e galega. Comezou a súa carreira musical en Vigo, en 2003, vinculada á escena hiphop estatal e portuguesa. En solitario, conta con dous LPs: "Pisando el suelo que ves" (2008) e "Pelea" (2016); tres EPs: "Siénteme"(2005), "Si/No" (2015) e "Tábula Rasa" (2019) así como unha infinidade de vídeos musicais, singles e colaboracións.

Realizou e participou en varios proxectos con artistas e produtores nacionais e internacionais de renome como Nach, Dealema (Portugal), Orion XL (Argentina), Marco Polo (EEUU) entre outros, así como con artistas doutros xéneros musicais como Cristina Pato, Carlos Núñez, Anxo Pintos, Iván Ferreiro ou Pablo Novoa.

Premio Mellor Artista de Música Urbana nos Premios Martín Códax da Música en 2014 e en 2019 (logo de tres nominacións nos anos anteriores) e Mellor Álbum nos Premios Maketón Maeloc Los40 Principales Vigo en 2015.

Sempre vinculada ao activismo social e ao feminismo, desde 2016 forma parte do colectivo europeo Rebel Babel xunto a L.U.C, Rapsusklei e outros artistas cos que grabou o disco "Ensemble" en Barcelona, co seu single "Manifest".

Titulada como Técnico Superior de Son pola EISV Marcote, certificada por la ESV e con estudios básicos de piano, guitarra e harmonía, impartiu obradoiros, conferencias e clases particulares de canto en escolas, institutos, asociacións e universidades a par que recibiu formación desde hai máis dunha década.

Contratación

Eidon Música SL
Xaime Casas
986 472 556 - 610 820 479
idea@idearock.com

Discografía

Campo Estrelado

WÖYZA & THE GALICIAN MESSENGERS

2022, Wötown

Wöyza & The Galician Messengers

WÖYZA

2022, Wötown/Altafonte

Ya no estás

WÖYZA

2021, Wötown

Tábula Rasa

WÖYZA

2019, Wötown

Pelea

WÖYZA

2016, Wötown

Si-No

WÖYZA

2015, Wötown

Pisando el suelo que ves

WÖYZA

2008, Wöyza

Vídeos

Wöyza & The Galician Messengers (ao vivo)

WÖYZA

Ya no estás

WÖYZA

Noite de paz (feat. Yago Vázquez)

WÖYZA

Agua Sucia

WÖYZA

Libre

WÖYZA, RAPSUSKLEI

La línea

WÖYZA

Tal vez tamén che gusten