• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Ghost Beast

Ghost Beast nace dun peche de 9 meses, onde o propio illamento persoal inspira e dá lugar a un grupo de cancións que acaban conformando un disco, “Winter’s Horns” (2018) e, case á vez, unha banda. A temática intimista do disco, impregnada da propia experiencia do illamento, dita as tonalidades musicais que predominan no proxecto.

Musicalmente, a banda bebe tanto da electrónica como do art-rock, sempre nas súas versións máis solemnes, profundas e menos festivas. Os sintetizadores gañan en protagonismo ás guitarras, que non están esquecidas, e os ritmos programados entrelázanse con baterías en arranxos cun son moi contemporáneo e totalmente afastado da radiofórmula e do indie predominante . As cancións son amplas e con espazo, minimalistas en moitos casos, evocadoras e envolventes en todo momento, fuxindo de lugares comúns, das fórmulas predominantes e dos dispositivos efectistas.

A banda está formada por Pachu Doblas (composición, voz, guitarra), Iago Fernández (batería), e Xan Campos (piano). En directo, o trío consegue que a proposta musical soe ampla, orgánica e espontánea. Sons espaciais dan paso por momentos a partes acústicas e estas, á súa vez, a improvisacións libres próximas ao jazz e todo se funde con naturalidade, sen perder o sentido de cada canción. As partes electrónicas interprétanse ao vivo sen recorrer a computadoras, que se funden facilmente con guitarras, pianos e baterías nun estilo contemporáneo, elegante e cheo de emoción.

Contratación

Pachu Doblas
640 369 958
ghostbeastband@gmail.com

Discografía

The Other Side of Fear

GHOST BEAST

2023, Autoeditado

Winter's Horns

GHOST BEAST

2018, Autoeditado / Autoproducido

Vídeos

To The Other Side (Live @ the Radar Studio)

GHOST BEAST

Turn (Live @ The Radar Studio)

GHOST BEAST

Tal vez tamén che gusten