Ortiga e Pili Pampín levan case un ano rompendo esquemas. E isto é só o comezo. O artista, O Chicho do Funk, unha das mentes máis avanzadas e transversais da música contemporánea e Pili Pampín, unha das cantantes máis icónicas da música galega, demostraron unha capacidade insólita de retroalimentación entre sons que parecían afastados e que agora xa non poden entenderse por separado.Capaces de converter en hit calquera verso do cancioneiro popular galego, conseguiron co seu “Eu chorar chorei” conquistar ao gran público, que agora quere máis. E eles, que non son complicados, deixáronse lear. A cousa flúe. “O galo” é un tema que Pili Pampín leva cantando máis de tres décadas pero que agora, en “O Galo (Remix)”, toma outra forma imposible de expresar con palabras: hai que escoitala.
Contratación
Ernie RecordsJosiño Carballo info@ernierecords.com