
A Sombra dos Soños é un proxecto de rock en galego formado por músicos que xa tocaran xuntos noutros proxectos, como Requiem ou Khitara.A agrupación móvese entre diferentes estilos de rock e metal con influencias variadas que abranguen desde o rock dos 70 ata o folk galego, pasando por momentos máis progresivos e outros máis acústicos. A sombra dos Soños gravou o seu primeiro disco, “I”, nos estudios Disquesí durante 2022. Os textos son predominantemente intimistas, explorando a alma humana desde diferentes puntos de vista, poñendo os personaxes de cada canción en diferentes situacións co obxectivo de entender e analizar un mundo que case nunca é sinxelo de comprender.
Contratación
Jose Carballido 686 666 148 josecarballido@yahoo.es