• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Merlo Máxico

A banda nace en Cambados en 2022 co obxectivo de dar saída ás inquedanzas musicais dos locais David Castro, afamado instrumentista en Dani Cornes, e Daniel Vázquez (técnico de son, produtor).

No verán de 2023, ao revisitar o seu cofre de ideas deciden lanzar “Vermello e azul”. Este single distorcido e cun toque garaxeiro podería atoparse en calquera vinilo poeirento da túa tía Montse; voces enlatadas, guitarras bailongas e sintetizadores surfeiros conforman este tema que revisita sons do pasado pero cunha alma renovada.

Inspirándose en influencias que percorren a psicodelia, o garage rock e mesmo o crank wave, Merlo Máxico bebe de bandas coma Viva Belgrado, Fontaines DC, King Gizzard ou mesmo os delays de Ben Howard.

Contratación

Merlo Máxico

merlomaxico@gmail.com

Discografía

Vermello e azul

MERLO MÁXICO

2023, Crumbling Castle Records

Non hai demora

MERLO MÁXICO

2023, Crumbling Castle Records

Vídeos

Vermello e azul

MERLO MÁXICO

Non hai demora

MERLO MÁXICO

Tal vez tamén che gusten