🅝🅞🅒🅣🅤🅡🅝🅐 formouse en Pontevedra en 2022. Cunha potente base rítmica, guitarras afiadas e elegantes, e unha boa dose de noise, fan unha persoal mestura do post-punk de finais dos 70, escuridade dos 80 e shoegaze dos 90. Inspirados por bandas coma The Cure, Sisters of Mercy, The Cult e Parálisis Permanente, pero tamén en The Soft Moon, A Place To Bury Strangers e Twin Tribes.As súas cancións poden afondar na dark wave tanto como golpearte coa violencia do punk, e as súas letras, unhas veces susurran e outras cúspenche, velenosas reflexións sobre a noite, as malas compañías e a reinvención persoal.Despois de lanzar varios temas dixitalmente, debutan cun LP a finais de 2025. A gravación e a mestura vai a cargo de Ibán Pérez (Selvática, Törso) nos Estudios Terraforma. “SOMBRAS” (2025) foi editado en vinilo e contén sete temas orixinais e un mix techno/acid/dark do DJ e produtor galego Plastikaffen. Presentarano en directo en clubs e festivais ao longo de 2026.
Contratación
Carlos López (Charlie Swamp) 616 544 748 carloslr1978@gmail.com
