Juan Castro é un compositor e músico vigués que formou parte do grupo Maldito Murphy, no que desempeñaba o rol de cantante e guitarrista ademais de achegar ao grupo todas as composicións musicais e letras.Logo de dous discos e varias xiras co grupo, conseguindo fitos como o premio Maketón de Los 40 Principales ao mellor disco do ano en 2017 co seu primeiro disco; facer unha xira en 2019 de 50 concertos por toda a Península; ou ter a colaboración de Mikel Erentxun nunha canción do seu segundo disco, Juan atópase a finais de 2022 cun parón existencial do grupo que, a día de hoxe, nin os propios membros saben se o grupo terá continuidade ou non.Ante este parón, Juan decide que vai facer un disco en solitario, e nunca mellor dito, xa que se encargou el só da produción, mestura, masterización e de tocar todos os instrumentos; ademais das composicións, tamén se encargou do deseño. O resultado de todo isto é un disco moi persoal.Juan empezou a escribir cancións especificamente para o disco, non quería aproveitar ningunha que estivese escrita para o grupo; quería empezar de cero e escribir libremente o que lle saíse, sen o xugo de escribir para unha banda de catro personalidades moi distintas e gustos varios.Neste primeiro traballo, Juan afástase da Americana e o country con novas cancións que se aproximan a un son máis británico, algunhas próximas a The Smiths e outras evocan un pouco ao power pop.
Contratación
Juan 617 342 307 juancastro24music@gmail.com