Somos arde, unha banda de powerpop formada por cinco amigas da Coruña. O noso son combina guitarras afiadas, baixos potentes e letras ardentes, condensando influencias que van desde St. Vincent e King Princess ata Hinds, Shego ou DJO.A nosa proposta nace da necesidade de contar historias cotiás desde a honestidade e a viscelaridade. A través das nosas cancións abordamos as situacións que vivimos desde o desencanto e a rabia á esperanza, cunha mirada xeracional fresca, auténtica e sen filtros.Tras percorrer Galicia no verán de 2025 tocando en festivais e salas emblemáticas como o Clavicémbalo de Lugo, demos o salto a escenarios de maior formato, conquistando festivais como o Atlantic Pride e actuando en cidades como Madrid ou Gandía.Cunha enerxía arrolladora en directo, temos un obxectivo claro: posicionármonos como unha das bandas emerxentes imprescindibles do panorama nacional.
Contratación
Marta Collazo 664 316 289 hola@arde.band
