Baixo o nome de ‘Los Tónikash’ descóbrese unha banda encomendada ao country e o rock americano, con case unha década de actuacións, discos e estrada ás súas costas.Desde Pontevedra, o agora trío musical converteuse nunha das mellores representacións do xénero na capital lerezana, ofrecendo un repertorio que navega entre composicións propias e versións levadas ao seu terreo, buscando manter a súa esencia, á vez que lles achegan un aroma anello e persoal.A súa aposta melódica en formato trío chama a atención ao outorgar o protagonismo musical non só á guitarra, senón que elevan e magnifican o uso da harmónica ao longo do repertorio, en sintonía e sincronía co lap steel.As súas referencias móvense máis que nun amplo círculo nunha longa elipse histórica, que vai de Neil Young a The Black Keys, ou de Johnny Cash a The Pogues; sorprendendo en máis dunha ocasión ao lograr encaixar ese crebacabezas musical do que beben.
Contratación
Antonio Caballero +34 722 46 17 19 lostonikashband@gmail.com