Proxecto en solitario do bluesman ourensan David Taín, músico que leva moitos anos actuando, compoñendo e gravando na escena musical galega. Comezou a súa carreira nunha banda viguesa chamada Callejón sin Salida (1987-1993). A segunda formación desta banda mudou o seu nome a Las Rockas (1993-1997), e con ise nome de guerra gravaron cinco temas que foron publicados en casete por West Records (1995).Dende 1999, é cantante e guitarrista da lendaria e máis antiga banda de rock de Ourense, “Mitocondrias”, con ista formación que gravou cinco LP´s e actuou por toda España.Outras bandas das que formou parte inclúen: Doc Magoo's (2011-2018) e Barbaña Blues (2019- na actualidade o acompañan en moitos concertos).O 31 de xaneiro 2026 sacou o seu primeiro EP, titulado "Dende a aldea", podese escoitar en streaming ou descargar en todalas plataformas dixitais agás Spotify.Títulase "Dende a aldea" porque tres das cancións foron gravadas en directo na aldea onde reside.A excepción é a canción "Champagne & Reefer", gravada en directo para "Vadal Novas TV" o 26 de xullo de 2023, con Esaú Pérez á harmónica. Esta canción ten un video aloxado en You Tube.Dende o 31 de marzo 2026 se pode escoitar en streaming ou descargar en todalas plataformas dixitais, agás Spotify. A canción Andar Miudiño (Psychedelic Dub Mix), firmada por Taín @ Casta.
Contratación
David Taín Guzmán 607 163 250 dtaines@yahoo.es
