Despois de máis de 10 anos experimentando co reggae en distintas bandas, proxectos e soundsy-stems, en 2023 Brais Ninguén (Ourense, 1991) independízase totalmente na creación musical para dar forma ao seu novo proxecto.Nel, o reggae mestúrase con distintas influencias musicais, de estruturas progresivas, ritmos cam-biantes e psicodelia, buscando romper coas expectativas e clichés do xénero, sen perder a esencia nin o respecto cara á música reggae.Para levalo ao directo forma, xunto con amigos e novos coñecidos, a banda: o Couto 90. E ao lon-go do 2025 gravan xuntos o seu primero álbum: “Roots & Shadows”.“Roots & Shadows”, ademais de ser a súa carta de presentación, é toda unha declaración de inten-cións: unha viaxe musical que parte do roots reggae máis profundo e transita por distintas atmos-feras sonoras, explorando o escuro, o jazz, o funk e a psicodelia. Dez cortes que falan das raíces que nos manteñen cos pés na terra e das sombras que nos destrúen, onde, por encima de todo, prima a música.“Roots & Shadows” xa está dispoñible en formato dixital en todas as redes e en vinilo.
Contratación
Brais Nájera Losada 692 749 799 braisninguen@gmail.com
