• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Sete aldeas

Sete aldeas é unha charanga tradicional galega formada por gaita, acordeón, saxofóns, clarinete e percusión; sete músicos en escena que interpretan ritmos bailables cun obxectivo claro: poñer o torreiro en pé.

O repertorio inclúe xotas e muiñeiras tradicionais, pero tamén cumbias e valses; todos eles pasados polo filtro da contemporaneidade da formación. En definitiva, música galega de onte para bailar hoxe.

Marina Vigo, Aleixo Jablonski, Iago Camaño, Alba Malvido, Miguel Rivas, Brais Camaño e Alexandre Fernández compoñen Sete aldeas, músicos de ampla experiencia tanto na música tradicional como noutros estilos.

Tras coincidir en diferentes agrupacións e centros formativos, conflúen neste proxecto en 2025; ano no que gravan o seu primeiro traballo discográfico homónimo. O nome “Sete aldeas” fai referencia ós sete modelos de poboación galegos identificados por José María Tojo no seu libro "Los asentamientos rurales en Galicia" (1980).

Grazas á versatilidade da súa formación, Sete aldeas ofrece dous formatos de espectáculo: concertos en escenario e animación de rúa. O repertorio varía en función da opción escollida, estando o primeiro orientado á presentación do traballo discográfico. Calquera das opcións pon o foco na participación colectiva a través do baile, entendendo este como a fin última da música de raíz galega.

Contratación

Marina Fdez. Vigo
679 949 850
setealdeas@gmail.com

Discografía

Sete aldeas

SETE ALDEAS

2025,

Vídeos

Cumbia Porteña (La pollera amarilla) - VIDEOCLIP OFICIAL

SETE ALDEAS, TULIO ENRIQUE LEÓN

Vídeo promocional

SETE ALDEAS

Tal vez tamén che gusten