Cristina Pato xa abriu camiños históricos dentro do mundo da gaita galega. En 1998 converteuse na primeira muller gaiteira en publicar un disco en solitario e desde entón non parou de evolucionar colaborando con artistas da World Music, jazz, música clásica ou experimental (incluíndo Chicago Symphony, Yo-Yo Ma, The Chieftains, Arturo O'Farril, World Symphony Orchestra, Paquito D'Rivera...). O seu poderoso estilo único e inconfundible está cheo de paixón e enerxía e foi gabado por medios como The New York Times "a virtuosic burst of energy" ou a BBC "the Galician bagpipe diva". Cristina Pato fusiona latin jazz con pop e música contemporánea e usa toda a súa arte e virtuosismo para sacar adiante unha linguaxe persoal que é froito da síntese do seu amor pola música galega e a súa formación clásica. Cristina Pato é membro oficial do Silk Road Ensemble de Yo-Yo Ma.Aclamada pola crítica internacional como gaiteira e pianista, Cristina Pato leva unha activa vida profesional que lle levou a grandes escenarios de España, EE.UU. (Carnegie Hall, Lincoln Center), India (Kamani Auditorium), Jerusalem (Jerusalem Festival), Angola, Portugal (Festa do Avante), Brazil (Liszt Festival), Reino Unido (Celtic Connections), Francia, Italia (Etnofestival), Alemaña, China, Corea ou México (Palacio de Bellas Artes).A súa carreira profesional inclúe catro discos no mercado como gaiteira solista e dous como pianista e máis dunha trintena de colaboracións en gravacións doutros artistas.
Contratación
Zouma Producciones,s.l Carlos Barandela (+34) 988 240 248 - (+34) 629 413 333 info@zoumarecords.com