• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Comando Katana

Comando Katana son Erin e Óscar Selektah acompañados por Pablic e Asoul. Tras a publicación do EP de Erin "El Trapicista" a formación Comando Katana encóntrase preparando o seu próximo traballo, un álbum con 15 temas, gravado en Vumetro Records (Compostela) e Fibonacci Music (Granada), que contará con colaboracións de artistas como Hermano L, Rapvivoros, Pablic & Asoul e con producións de Hazhe, Óscar Selektah, El Puto Coke, DJ Mil, Jahzzman Selecta, etc.

Desde 2011 non deixaron de presentar a súa música en directo en festivais (Microfest en Santiago, Festival Reggae de Montaña en Palencia, Hipnotik en Barcelona, Reggaeboa en El Bierzo, Mallorcannabis en Mallorca), clubs (Barcelona, Porto, Salamanca, Tarragona, Granada, Mallorca, Vigo, Ferrol, etc.) e rap parties por toda Galicia. E compartiron escenario con artistas do talle de Aia Wasca (Suíza), Nach, Sho-Hai ou Alberto Gambino.

O directo de Comando Katana é forte, fresco e contundente, consegue unha gran conexión co público, enriquecendo as súas producións para ofrecer un espectáculo diferente, con forza e apartado do cotián. No escenario son un panzer en constante avance, tripulado polo DJ Óscar Selektah e os emecés Erin, Pablic e Asoul, unha formación que asalta os escenarios e nos ofrece rapeos trepidantes, tempos medidos ao milímetro e actitude a cachón.

A formación compostelá, que combina como ninguén o rap e o dancehall, promete música nova nos teus cascos.

Contratación

Colectivo de Rap de SDC

utopiadelnortecircuito@gmail.com

Discografía

Libra

COMANDO KATANA, ERIN

2018, Comando Katana

Straight Outta Compos

COMANDO KATANA, ERIN

2017, Comando Katana

Gorilla Bangerz

NINJAH MONKEYS, COMANDO KATANA

2016, Comando Katana

Menos de lo mismo

COMANDO KATANA, ERIN

2014, Comando Katana

El Trapicista La Mixtape

COMANDO KATANA, OSCAR SELEKTAH

2012, Autoeditado

El Trapicista

COMANDO KATANA, ERIN

2011, Autoeditado

Desde antes hasta ahora

COMANDO KATANA, ERIN

2008, Comando Katana

Vídeos

Libra

COMANDO KATANA, ERIN

Swag dealers

ERIN (COMANDO KATANA)

Straight Outta Compos

ERIN, COMANDO KATANA

Quemando barras

ERIN, COMANDO KATANA

Nada Cambia

ERIN, COMANDO KATANA

Erin & Dj Mil (Ninjah Monkeys) - Gorilla Bangerz (VIDEOCLIP)

COMANDO KATANA

Tal vez tamén che gusten