• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Kérkennai

Dende 1999 o proxecto musical KÉRKENNAI mestura as diversas sonoridades e influencias que enriquecen o legado cultural galego. Partindo dun folk de corte contemporáneo os seus compoñentes reflicten nas súas composicións propias unha visión cosmopolita que, sen apartarse dos sons propios de Galicia, os achega ás chamadas "Novas Músicas".

Con tres discos editados "Via nova" (Zouma Records 2003), "Nas beiras de Lethes " (Zouma Records 2007) e "un Soño Cotián de Bolboretas" (Phonos 2013) e a participación nas bandas sonoras das curtametraxes Esquencidas (2007), Limia, o río do esquecemento (2008), levaron a súa proposta musical por diversos festivais e escenarios de todo o Estado e o estranxeiro.

Na primavera de 2009 KÉRKENNAI é escollido pola Sociedad de Artistas Intérpretes y Ejecutantes (AIE), para participar no apartado de folk/novas músicas dentro da programación de Artistas en Ruta.

Xa en 2012 a colaboración co Instituto Cervantes lévaos a representar á música de Galicia, ofrecendo concertos nas cidades de Tanger,Tetuán e Rabat en Marrocos, así como a ser invitados a participar no "Festival Inter Céltico de Lorient" na Bretaña.

Contratación

Sindo Otero
(+34) 654 877 003 - (+34) 666 277 656
sindootero@hotmail.com

Discografía

Un soño cotián de bolboretas

KÉRKENNAI

2013, Phonos

Nas beiras de Lethes

KÉRKENNAI

2007, Zouma Records

Vía nova

KÉRKENNAI

2003, Zouma Records

Vídeos

Xan das Congostras (live)

KÉRKENNAI

Unha noite na eira do trigo

KÉRKENNAI

Iermes

KÉRKENNAI

Xan das Congostras

KÉRKENNAI

Titiritaina (Desde Galicia Para O Mundo) 10/06/2006

KÉRKENNAI

Tal vez tamén che gusten