• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Fiandola

O grupo de música galega Fiandola nace na cidade Compostelá no ano 1996. Xa van alá máis de vinte e tres anos traballando pola cultura galega no eido da música tradicional. O labor musical desenvolvido por esta banda de corte tradicional parte da música de tradición oral grazas ó traballo de campo que os seus membros levan facendo anos polas aldeas de todo Galicia.

Fiandola aporta unha nova visión harmónica e tímbrica e crea un repertorio moi particular con selo propio cunha clara orientación de cara ó mundo do baile. Os directos de Fiandola están especialmente pensados para o baile, onde poderemos gozar dun amplo abano rítmico; desde a muiñeira á mazurca ou desde o maneo á rumba. En 1996 gañan o premio da Consellería de Familia, Muller e Xuventude e en 2013 o premio ao mellor grupo ou solista de Moaña. En todos estes anos percorreron a maior parte dos grandes festivais de Galicia, pero tamén moitas pequenas salas, festivais, e festas; ás que hai que engadir actuacións en Cantabria e en Navarra.

Fiandola está formada por músicas/os de recoñecido prestixio no mundo da música tradicional de Galicia: Anaïs Barbier (voces, percusións), Lucía Eiros (clarinete, gaita), Alberto “Warren” Barreiro (acordeón, voces), Fran López (frauta, saxo soprano, gaita, voces), Santiago Budiño (gaita, voces), Manolo Cobas (percusións, voces) Kinhos Saburido (percusións).

Contratación

Fran López
(+34) 656 263 097 - (+34) 654 938 252
fiandolafolc@gmail.com

Discografía

Cordame

FIANDOLA

2019, Fiandola

Volta e media

FIANDOLA

2014, Fiandola

Mimá!

FIANDOLA

2011, Fiandola

Bricania

FIANDOLA

2005, Falcatruada

Vídeos

Ermida

FIANDOLA

Ván

FIANDOLA

Maruxiña - Fiandola 20 aniversario

FIANDOLA

Doade

FIANDOLA

Pontella

FIANDOLA

Danza de xastre

FIANDOLA

Tal vez tamén che gusten