• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Gold & Colt

Gold & Colt e unha banda de folk americano formada por músicos veteranos procedentes de distintos cantos de Galicia: Pontevedra, Bueu, A Guarda, e Santiago.

O grupo nace en 2014 en Pontevedra da man de Dany Moure e Roberto Fernández. Logo de pasar por innumerables escenarios e o lanzamento de dous álbums de estudio, en 2020 sofren un forte cambio de formación achegándolle un novo rumbo sen facerlle perder a esencia orixinal. Actualmente Gold & Colt está formado por: Álvaro Vázquez (voz principal, guitarra rítmica), Roberto Fernández (guitarra solista, dobro), Juyma Estévez (contrabaixo) e Noli Torres (batería).

O seu novo álbum, “Old Fashioned” (2023), é unha colección de cinco cancións que reflicte o carácter da nova formación de Gold & Colt, unha formación máis country que aposta por estruturas e sons máis antigos. Neste disco, a banda plasma as súas historias e sentimentos a través dun son americano de raíz, indo á orixe do xénero, pero executándoo con mans actuais; mans que non teñen medo a ensuciarse de barro mesturando arranxos de jazz, Delta blues e rock ‘n’ roll con estruturas de country e letras con carraxe.

Contratación

Rober
(+34) 630 618 685
goldandcoltband@gmail.com

Discografía

Old Fashioned

GOLD & COLT

2023,

Live at Ancestral Studios

GOLD & COLT

2017,

Gold & Colt

GOLD & COLT

2015, Gold & Colt

Vídeos

Not My Place

GOLD & COLT

Hold it on

GOLD & COLT

Feeling

GOLD&COLT

Tal vez tamén che gusten

Chamaquito Pistolas

Roger de Flor e Os Silvestres

Denis Carballás

En Casa del Herrero

MadMartin Trío

MCarballo Band