• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
In.Verno

Xan Muñiz (guitarra), Juan Fernández (baixo), Julio (violín) e Jorge García (batería) únense a finais de 2001 coa idea de formar un grupo de metal gótico cimentado en estilos como o doom metal, progressive metal, death metal ou folk. Posteriormente, únenselles a voz feminina de Laura Comesaña e Enrique Martín (teclados), coincidindo coa marcha de Julio uns meses máis tarde.

A banda grava en 2005, nos Estudos Élite (Vigo), o seu primeiro traballo chamado "in darkness again...". Dous anos máis tarde, formando parte do proxecto de bandas de metal Gallaecian Metal Compilation, In.Verno achega o seu single "River of Oblivion". O seu primeiro longa duración aparece en 2009 co título "Realscapes", un disco cun estilo máis contundente e melódico.

A finais de 2010 o webzine norteamericano metalunderground.com ofrece ao grupo participar nun disco tributo a Peter Steele (ex-Type 0 Negative) "All for none, none for all: A Tribute to Peter Steele" gravando un cover dun dos temas da banda; tras a súa publicación en abril de 2011 chega ao grupo Fran Álvarez.

En 2015 edítase o seu segundo longa duración, “The Reasonable Choice of Insanity”, que desvela un estilo máis directo e rotundo e unha produción máis coidada.

A finais de 2016 prodúcese un cambio na formación tras case quince anos. Enrique Martín, Jorge García e Laura Comesaña deixan a banda tomando o relevo Elizabeth Siren como vocalista e Daniel Díaz á batería. In.Verno continúa en 2017 o seu tour con datas previstas en diferentes lugares de España e Portugal.

Contratación

Mantícora Producciones
Juan Agra
(+34) 678 716 339 - (+34) 607 947 294
manager@manticoraproducciones.com

Discografía

The Reasonable Choice of Insanity

IN.VERNO

2015, In.Verno

Realscapes

IN.VERNO

2010, In.Verno

In Darkness Again...

IN.VERNO

2005, In.Verno

Vídeos

Opportunity (Human´s Inside IV)

IN.VERNO

Last Rites (In Memoriam, Pt.1)

IN.VERNO

Blue Dawn of Overwhelming Helplessness (The Rage Breed, Pt. 2)

IN.VERNO

Threat (Human's Inside, Pt. 5)

IN.VERNO

Tal vez tamén che gusten