GRIMA nace en Pontevedra en setembro de 2016 da man de Facundo Pardo (batería) e Laura Villar (baixo, voz), membros paralelamente de grupos como Monrovia, Montclair ou o colectivo de músicos Metamovida.Logo dunha primeira toma de contacto tocando de maneira informal en Litium Records (Pontevedra), deciden constituírse como banda e dan comezo á elaboración dos temas que compoñerán o que será o seu primeiro disco, formado por oito cancións que conxugan na mesma proposta grunge, metal, stoner, punk e deixes de progresivo experimental con moita forza.Un ano despois, en setembro de 2017, GRIMA entrará a gravar na Sae Institute Spain (Madrid) baixo a dirección de Adrián Blanco.Tocando xa con bandas representativas do underground español tales como Bala, Cró ou Balcanes e recibindo unha boa resposta por parte do público, preparan datas de presentación deste disco que espera, con ansia, ver a luz a finais de ano.
Contratación
Laura Villar 633 631 092 - 663 558 582 damosmuchagrima@gmail.com