• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Lonely Coaster

As orixes de Lonely Coaster remóntanse a finais de 2008 como un dúo composto por Frank (guitarra) e Mephi (voz) en formato acústico, actuando en diversos locais do circuíto musical de A Coruña. En 2010, coa incorporación dun baixista (Ito) e un batería (Marcos), a banda pasa a un formato eléctrico con máis temas de elaboración propia.

Logo de 3 anos de concertos, creando un repertorio orixinal, 2013 resulta un ano de mudanzas na banda. Manu, o novo baixista, achega un novo son e se aposta por un novo nome para a formación, Lonely Coaster. En abril dese mesmo ano comeza a gravación do primeiro traballo discográfico, “Coasting Through Life” (2014), nos Estudios Bonham (A Coruña), coa axuda de Jose Manuel “Bonham” Martínez. Composto por 10 temas variados, o LP destila guitarras cun marcado son americano dos 90. No verán de 2014, a banda gaña o primeiro premio do concurso de maquetas “Cultivando Música” organizado pola produtora ZIRCOZINE e a Fundación PAIDEIA Galiza. Como premio, Lonely Coaster acode ao Festival de la Luz, xunto con bandas como Spin Doctors, Fuel Fandango ou Quique González.

En 2015 e 2016 comparten escenario con referentes musicais como Sun God Replica (Mel, AUS), Money For Rope (Mel, AUS) ou The Meanies (Mel, AUS), fan colaboraciós puntuais con outros artistas como José Luis Ducid e participan en festivais como DemonteSound.

En maio de 2017, Lonely Coaster publica o seu segundo traballo, “Drop the Bomb!” (2017), gravado e mesturado nos Estudios Bonham.

Contratación

Discografía

Drop the bomb!

LONELY COASTER

2017, Lonely Coaster

Coasting through life

LONELY COASTER

2014, Lonely Coaster

Vídeos

Grey Lords

LONELY COASTER

Drop the bomb!

LONELY COASTER

Tal vez tamén che gusten