• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     

Festival de la Luz

Festival de la Luz

Luz Casal invítache a súa casa natal en Boimorto (A Coruña) para disfrutar dun festival único e solidario para todas as edades. Ven e disfruta da música, a gastronomía, as demostracións, o teatro, a granxa e as experiencias que atoparás nun recinto onde reinan a natureza, a reciclaxe, a sostenibilidade e a innovación.
O cartel do festival convérteo nun dos máis atractivos do ano xuntándose artistas de primeiro nivel, nacionales e internacionales e de diferentes estilos. As infraestructuras transforman 50.000m2 de paisaxe rural de campos de millo e pastos nun súper festival que durante tres días acolle a máis de 25.000 persoas:

-4 escenarios
-Zona infantil con actuacións, obradoiros, xogos…
-Carpa de cine
-Zona de mercado con máis de 40 propostas innovadoras
-Zona de restauración
-Cámping libre separado para familias e xente nova
-Carreira popular
-Acceso a menores de idade permitido (con autorización)

Seguimos apoiando o talento poñendo en marcha as nosas convocatorias “Cultivando Deseño” e “Cultivando Música” onde, como en anteriores edicións, buscamos talentos emerxentes en sendas disciplinas, aos que daremos visibilidade no festival. Ademais, a colleita do 2016 inaugura a primeira edición de “Cultivando Deporte”, unha carrera popular que arrinca do centro da localidade de Boimorto e transcorre por unha paisaxe rural e natural única ata chegar ao recinto do Festival de la Luz.

Promotores: Asociación Cultural Festival de la Luz

Ano de creación: 2012

Periocidade: Anual

Duración: 3 días

Lugar de celebración: Boimorto (A Coruña)

Datas aproximadas de celebración: 23-25 de agosto 2024

Tal vez tamén che gusten