Festival Vertixe Sonora
Contacto
(+34) 986 128 933 (+34) 639 662 755 http://vertixesonora.gal administracion@vertixesonora.gal
O Festival Internacional de Creación Musical Contemporánea Vertixe Sonora ofrece unha panorámica ampla e desprexuizada da creación sonora internacional. Unha proposta de programación que recolle o diverso acontecer sonoro da nosa época e que contribúe ao recoñecemento internacional da nosa comunidade e á construción dunha identidade artística sólida e de prestixio para o territorio. Na súa programación inclúe:—Concertos de música contemporánea—Concertos de música electrónica—Concertos de música improvisada—Intervencións de arte sonoro—Obradoiros e conferencias especializadas—Cursos de achegamento ao sonoro—Actividades de dinamización para os máis novosEn 2016, o Festival Internacional de Creación Musical Contemporánea Vertixe Sonora expándese a Pontevedra tras tres primeiras edicións en Vigo de maneira exclusiva. Nesta cuarta edición son xa dúas as cidades comprometidas coa música contemporánea, cuxos espazos, desde ermidas a teatros, serán explorados en todo tipo de formatos polos sons avanzados de outubro a decembro. O Festival Vertixe Sonora conta coa presenza de compositores e intérpretes de referencia, froito do intenso traballo en rede que o ensemble desenvolve ao longo do ano na escena internacional.
Promotores: Vertixe Sonora
Ano de creación: 2013
Periocidade: Anual
Duración: 2 meses
Lugar de celebración: Tui, Valga, Vigo, Padrón
Datas aproximadas de celebración: 2024