• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     

Acustiquísimos

Acustiquísimos

Directos íntimos. Artistas imprescindibles. Vivencias únicas.

Momentos Alhambra Acustiquísimos é un novo concepto de concertos en acústico que se celebra cada mes de novembro en catro cidades galegas de referencia —Santiago de Compostela, A Coruña, Vigo e Ourense— da man de figuras esenciais da escena musical española do momento.

Música e contorna fúndense nunha serie de espazos singulares e con encanto onde habitualmente non é posible escoitar música en vivo. O público experimenta espectáculos diferentes e próximos mentres goza dalgunhas das voces máis especiais e hipnóticas da nosa escena como nunca antes puidera.

Momentos Alhambra Acustiquísimos ofrece unha experiencia íntima e singular, onde o artista e o público relaciónanse desde unha nova perspectiva, a arte —nas súas diferentes versións— segue o ronsel da proximidade. Desde 2019, música e ilustración danse a man grazas ás creacións que un ilustrador/a realiza en directo en cada unha das citas musicais do encontro.

Promotores: Art Music Agency

Ano de creación: 2018

Periocidade: Anual

Duración: 4 días

Lugar de celebración: A Coruña, Santiago de Compostela, Vigo, Lugo

Datas aproximadas de celebración: 18, 24 e 25 de novembro e 1 de decembro

Tal vez tamén che gusten