• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
  noticias  

COÑECE OS FINALISTAS DA UNDÉCIMA EDICIÓN DOS PREMIOS MARTÍN CÓDAX DA MÚSICA. VOL I

COÑECE OS FINALISTAS DA UNDÉCIMA EDICIÓN DOS PREMIOS MARTÍN CÓDAX DA MÚSICA. VOL I
26 ABRIL 2024

Os finalistas que optan aos XI Premios Martín Códax da Música, galardóns que contan co apoio da Xunta de Galicia, suman un total de 57 proxectos repartidos en 15 categorías musicais, aos que hai que engadir outros nove que se corresponden cos Premios Organistrum (Espazos de Comunicación Musical, Festivais e Salas).

Logo dunha primeira fase de votación realizada por un xurado profesional, da que saíron estes finalistas, agora é o turno do público. Como novidade desta edición, os Premios abren un proceso de votación popular ata o vindeiro 12 de maio para, ademais dos socios e socias de de Músicas ao Vivo, o público xeral poida ter unha maior participación efectiva no certame. Como facelo? Rexistrándose previamente en premiosmartincodaxdamusica.gal e seguindo estas sinxelas instrucións.

Ao longo de tres volúmenes presentaremos os finalistas desta edición; nesta primeira entrega repasamos as categorías de Rock/Punk, Metal/Heavy, Músicas Urbanas, Canción de Autor/a, Música Infantil e Orquestras, Grupos e Música de Verbena. Organizada pola Asociación de Músicas Ao Vivo, a gala terá lugar o mércores 15 de maio no Pazo da Cultura de Pontevedra.

 

 

ROCK/PUNK

 

Moloch

 

Terbutalina

 

Mad Martin Trío

Ver en galiciantunes

 

 

METAL/HEAVY

 

Youcanthide

 

Her Anxiety

 

Rymer

Ver en galiciantunes

Entrevista en galiciantunes: «A nosa música é agresiva pero tamén bastante emotiva» (5/2/2024)

 

 

MÚSICAS URBANAS

 

Ash Diz

 

hydn

Ver en galiciantunes

Entrevista en galiciantunes: «Hydn pode ser a túa vilá ou heroína favorita, todo depende dos ollos cos que a mires» (4/9/2023)

 

C Mirazo

 

 

CANCIÓN DE AUTOR/A

 

Antía Muíño

 

Guadi Galego

Ver en galiciantunes

Entrevista en galiciantunes: «Todas as músicas reparan, unhas consolidan e outras rachan, algunhas doen e outras calman» (29/3/2021)

 

A Pedreira

 

 

MÚSICA INFANTIL

A Gramola Gominola

Ver en galiciantunes

 

Uxía Lambona e a Banda Molona

 

Pakolas

Ver en galiciantunes

Entrevista en galiciantunes: «A música infantil débese facer como para persoas adultas, sen ningún tipo de condescendencia» (12/10/2020)

 

 

ORQUESTRAS, GRUPOS E MÚSICA DE VERBENA

 

América de Vigo

 

Burgas Big Band

 

Orquesta Charleston

 

 

  noticias