Dous artistas unidos pola necesidade de expresar sensacións a través da música: Jesús Rodriguez e Sandra Moya. En 2017 lanzan o seu primeiro sinxelo, “No queda que vivir”, que hoxe é parte do álbum “Por Mis Sueños” (2021), do cal tamén publicaron os sinxelos “Algo de Fe” en 2018, coa colaboración de Adrián Hidalgo no saxofón, e “Pétalo al Viento” en 2020, coa colaboración de Giovanni Parra no bandoneón.Jesús Rodríguez, compositor e guitarrista, Foz (España). Arranxista, compositor, multiinstrumentista (teclados, guitarra, outros instrumentos de corda), e produtor. Técnico en Tecnoloxía Musical con máis de trinta anos de experiencia. Estudou no Conservatorio Superior de Música da Coruña. Pioneiro en implantar sistemas dixitais para música ao vivo en España. Fundador e guitarrista do grupo Contacto, produciu desde álbums en solitario como música para diversos artistas, orquestras e grupos en todo o país.Sandra Moya, vocalista e letrista, Bogotá (Colombia). Cantante, actriz, compositora. Formación en Colombia con Alfonso Ortiz e en España no Laboratorio de Teatro William Layton, Mar Navarro e o Estudo Corazza, entre outros. Canto moderno con Mía Patterson e Lidia García. Música con Alberto Martín e Universidade Incca de Colombia. Participou en diversas producións televisivas, teatrais e musicais. Estímulo Bolsa de Creación Teatral do Ministerio de Cultura colombiano 2013. Actualmente estuda Dirección Escénica e Dramaturxia na ESADG.
Contratación
Jésus Rodríguez +34 661 87 0248 - +34 665 228 926 versolibremusic@gmail.com