SInestesia nace en Santiago de Compostela, ala polo 2008. A idea do proxecto xirou dende o principio en facer un repretorio sólido de temas propios. Letras coidadas, historias contadas sobre o tamiz do Rocanrol, do blues ou do folk rock americano.Pronto comezan a ser unha agrupación coñecida debido a gañar o primeiro certame galego de Musica Xove, con apenas a maioría de idade recén cumprida. Tras ese pequeno éxito comezan a compoñer cancións propias ata conseguir unha ampla colección que lles permite publicar o seu primeiro EP no ano 2010, "La ciudad y otros escenarios", autoeditado e dispoñible tanto en formato físico como nos principáis soportes dixitais (iTunes, Spotify...). É nese momento cando comezan a xirar pola xeografía galega e se consolidan como unha banda sólida no directo. O segundo EP publicado en maio do 2011 chámase "Días de cine", gravado en Abrigueiro Estudios. Revela un son máis pop-rock, nú e sen artificios, con letras máis cercanas e menos crípticas, cun ton narrativo en comparación co disco anterior. A agrupación enriquécese coa chegada dun carto compoñente, Manuel Gómez, ao piano e a guitarra. Na actualidade acaban de publicar o seu primeiro LP, “El punto de luz del desván”, un paso definitivo na súa andaina. Gravado nos estudios Lombardi en Santaigo, consta de 10 temas que resumen case 3 anos de creación e arranxo. O disco achégase máis que nunca á raíz americana, con preferencia polos medios tempos e as guitarras profundas.
Contratación
Tomás Porteiro Abuín (+34) 625 284 722 - (+34) 981 562 367 sinestesiatres@hotmail.com