• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Bang 74

Despues dun longo parón discográfico os ferroláns Bang 74 volven a escena co seu segundo longa duración, “Let It Drift” (2020), que coeditan en vinilo os selos Snap, HRecords e KOTJ, e en cedé o selo Rock Indiana.

Doce cancións vibrantes onde manteñen o pulso habitual entre enerxía e melodía propio do power-pop e punk-rock, acenos de identidade do grupo, e que engaden mostras de 60’ s pop, psicodelia e country-rock. Chiscadelas a The Beatles, The Replacements, Neil Young & Crazy Horse, Redd Kross ou Big Star, sen perder personalidade nin deixar de soar a eles mesmos. Harmonías redondas, guitarras que renxen e unha base rítmica vigorosa ao servizo sempre da canción.

Un disco brillante que amosa unha notable evolución respecto a os seus traballos anteriores e que merece toda a atención e recoñecemento a unha banda que sempre creu nas súas cancións e que, nestes tempos nos que tes todo a golpe de clic, segue a facer as cousas ao seu ritmo, á marxe de modas e por pura paixón pola música.

Contratación

Discografía

Soul for Sale

BANG 74

2024,

Let It Drift

BANG 74

2020, Snap/H-Records/KOTJ

Hi-Flying Dreams

BANG 74

2013, Rufus Recordings

Three Kids

BANG 74

2009, Rumble Records

Vídeos

Soul For Sale

BANG 74

All Straight Ahead

BANG 74

Ghost Town

BANG 74

Don't Expect Too Much

BANG 74

Tal vez tamén che gusten