• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Las Leves

Las Leves é o nome do novo proxecto do panorama musical galego composto por David Buela, Vicente Torrado, Sandra Hernaiz e Carlos Cabezas.

Os catro compoñentes das Rías Baixas definen o seu xeito de crear e producir música como un momento, un pensamento ou unha idea desconfigurada. Consideran que o seu estilo soa a pop alternativo, neo-psicodélico, indie-pop ou metafísico.

En canto ao traballo de estudio, Las Leves son autoproducidas conxuntamente con Álvaro Blanco (Incurable, Músculo!) quen leva, desde as plataformas dixitais ata o directo, o son cálido e saturado das guitarras, sintetizadores polifónicos, baixos e ritmos combinados coa electrónica.

O traballo da banda galega estará dispoñible a finais de 2020 con ‘Cae!’ como tema introdutor.

Vídeos

Cae!

LAS LEVES

Tal vez tamén che gusten