Koroiev é un proxecto do músico e educador Roberto Casteleiro (Ferrol, 1982), responsable de outras aventuras como Korokati, Federico Flesfa ou Fagot & Popota.Non é sinxelo enmarcalo dentro dun xénero en concreto, as súas composiciones caracterízanse pola mestura de música orquestral, folk, ambient, poesía, rock progresivo e electrónica. Instrumentos acústicos, sintes e a súa voz unénse para crear paisaxes imaxinarias co caracter narrativo como compoñente máis destacado, que se fai explícito en “Kostia Bogomov” (2015). A través de fragmentos de ‘Longa noite de pedra’ de Celso Emilio Ferreiro, constrúe a historia deste muchacho que penetra no bosque e atopa a noite, a naturaleza e o remoto. Este escuro e delicado encontro do personaxe co máis alá fan do disco e do seu correspondiente directo unha viaxe inesperada e atrayente.En 2020, da man do selo ferrolano Ferror Records entrega “Valverde”, polo que chega a ser finalista na categoría de Electrónica nos VII Premios Martín Códax.
Contratación
Ferror RecordsSergio Peck 667 264 325 ferrorrecords@gmail.com