
Electrolírica é un proxecto multidisciplinar de música electrónica, poesía e videocreacións formado polo actor, dramaturgo e poeta Xan Solo, e a compositora e creadora de melodías Morqui.Un espectáculo de hora e media de duración onde Morqui é a encargada da creación musical (teclados, melodías vocais e visuais) e Xan dos textos, interpretación, sintes e visuais. Con dúas proxeccións simultáneas en escena de grandes dimensións, adaptadas segundo espazo e creadas especificamente para cada peza. Unha experiencia sonora, visual e intelectual, onde pretendemos atrapar os cinco sentidos do espectador.
Contratación
ElectrolíricaXan 686 148 512 - 628 287 475 electrolirica@gmail.com