Compositor e multinstrumentista lucense, formou parte de bandas locais como Bristol, Crazy Breed ou Kalte Sonne.En 2020 publicou o seu primeiro disco en solitario, ”Mirror Games", primeiro en formato dixital a través de Bandcamp, e máis tarde en formato físico nunha edición limitada numerada a 33 copias, que inclúe unha canción extra con respecto á versión en dixital. Este álbum abarca varios xéneros, desde o rock progresivo de influencia dos setenta ou a música ambient, ata a música electrónica e mesmo certos elementos da música de cámara, construíndo un álbum estilisticamente variado e moi persoal.
Contratación
Javier Miranda 698 107 971 javiermirandamusica@gmail.com