Fábrica de Espejos é unha formación de synth pop altamente emocional con cadencia shoegaze e dream pop que nace en Chantada en 2017. No seu son percíbese unha clara influencia da new wave 80’ s, de grupos como New Order, pero tamén certa cadencia do synth pop escuro.Tras dous EP, “Esferas” (2018) e “Astro Rey” (2019), chega o seu primeiro longa duración, “Mundo Incierto” (Ferror Records/Facela, 2021), gravado con Arturo Vaqueiro en Abrigueiro (Friol) e que supón un paso adiante realmente importante.Un traballo ambicioso onde constrúen un espello emocional que, como un caleidoscopio, reflicte imaxes entre luminiscencias de distintas intensidades. Atmosferas oníricas cargadas de melancolía e un abandono da urxencia abrazan a suavidade sen deixar de ser intensos, tecendo melodías redentoras envoltas en distorsión.Sopros no corazón con letras espidas e certeiras que xogan un papel importante. Letras traballadas sobre o paso do tempo, melancolía, perda: “Tentamos que as letras formen parte da canción como o fan os demais elementos; ao ser ‘máis directo’, a linguaxe falada parece que ten máis peso, pero para nós a parte vocal está totalmente ao servizo da canción”.A banda formada por Leticia Iglesias (voz), Isaac Ferreiro (voz, guitarra), Alex Pacheco (baixo), Hum Novoa (guitarra) e Ángel Novoa (bases electrónicas) colócase en primeira liña cun traballo realmente redondo. De La Buena Vida a Linda Guilala, dos Planetas a Beach House… Fábrica de Espejos seguen o seu propio camiño.
Contratación
Isaac Ferreiro 680 384 258 fabricadeespejosmusic@gmail.com