• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Diariodeverano

Diariodeverano é unha aposta de pop alternativo que nace en 2013 como proxecto persoal de Iago Gordillo, un coruñés que, despois de pasarse anos soprando o saxo no Conservatorio da Coruña, comeza a gravación do seu primeiro traballo en Drum&Roll Studios, "El extraordinario hombre estacionario" (2015). Un EP de seis temas no que participan os músicos Iago Blanco e David Ferreiro e que ve a luz en xaneiro de 2015 logo dunha exitosa campaña de crowdfunding.

En marzo dese mesmo ano debutan na Sala Mardi Gras (A Coruña) ante un centenar de persoas; xiran por máis salas coruñesas ata gañar o certame Xuventude Crea da Xunta de Galicia na Sala Sónar de Santiago de Compostela.

En febreiro de 2016 publican, en formato dixital, tres cancións máis dentro do álbum "O.L.A." (2016) e en maio estrean o seu primeiro videoclip, "Todo va a ir bien", seleccionado no Festival de Cans e o Primavera do Cine. Pasáronse, ademais, polo Festival Noroeste Estrella Galicia, o Atardecer no Gaiás e o Festival de la Luz.

En xaneiro de 2019 lanzan o seu primeiro LP, “Largo verano de sol azul” (2019), un ambicioso álbum pop que conta coa participación de músicos como Javier Cedrón, Silvia Penide ou MJ Pérez. Neste último traballo, a música de Diariodeverano navega entre distintos estados de ánimo dentro do pop cunhas letras que van desde a fotografía do social ata a introspección e autodescubremento.

Contratación

Iago Gordillo
(+34) 605 122 475
iago.gordillo@gmail.com

Discografía

Largo Verano de Sol Azul

DIARIODEVERANO

2019, Autoeditado

O.L.A.

DIARIODEVERANO

2016, Diariodeverano

El extraordinario hombre estacionario

DIARIODEVERANO

2015, Diariodeverano

Vídeos

Lume

DIARIODEVERANO, MJ PÉREZ

Todo va a ir bien

DIARIODEVERANO

No hay lugar (Vídeo de letra)

DIARIODEVERANO

Obsolescencia programada (Vídeo de letra)

DIARIODEVERANO, PAULA PÉREZ (DE LA DANCE)

1829

DIARIODEVERANO

Tal vez tamén che gusten