BATEA é folk, rock e lume. Fundada no ano 2020 por antigos membros de Virandeira, grupo folk que acumulou un cento de actuacións e dous discos nos seus dez anos de vida, a banda viguesa fusiona definitivamente o son da gaita galega co xénero rock neste proxecto cen por cen instrumental."Tampoco somos los Rolling" é o seu álbum debut, unha orixinal carta de presentación na que se reúnen doce temas cheos de frescura e enerxía. Gravado nos Estudos Musicais Metrópolis (Vigo), con Rafa Prieto aos mandos técnicos, e coa colaboración do reputado Marcos Valles na mestura e masterización, "Tampoco somos los Rolling" foi editado nun xenuino formato físico que non deixa indiferente a ninguén: una auténtica lata de conserva que alberga no seu interior unha memoria USB con forma de mexillón, que inclúe o álbum debut dos vigueses e contido audiovisual.Chema Alonso (gaita), David Oitabén (frauta), André Taboada (violín), Roberto González (guitarra), David Casal (bajo) e Iván Martínez (batería) son os compoñentes de BATEA.
Contratación
Actos ManagementMarcos Valles 984 10 49 23 - 649 03 05 08 actosmanagement@gmail.com