• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Os Liantes

O grupo folk Os Liantes nace dentro da asociación co mesmo nome, Asociación Cultural Vos Liantes, no ano 2017, na parroquia de Artes (Ribeira) e ao redor dun grupo de persoas con ampla experiencia na música tradicional de Galicia. O núcleo da Asociación estivo composto por integrantes da Banda de Gaitas do Centro Recreativo de Artes, pero coa intención de abrir as portas a novas persoas e músicas pasamos a contar con membros de bandas e grupos tan importantes como Ancoradoiro de Ribeira ou Queixucas de Xuño.

O noso nome, Os Liantes, é reflexo do noso carácter inquieto, que nos leva unha e outra vez á procura de novos retos.

Partimos da música tradicional e de autor, con raizame tanto en Galicia como noutras rexións que nos rodean de España e Europa, coas que compartimos afinidades en canto a instrumentos, ritmos e melodías. O noso repertorio nútrese na actualidade tanto de composicións propias como doutras interpretadas e compostas por agrupacións tales como Os Rosales ou Muxicas, así como diversos temas tradicionais galegos como doutras rexións como a Bretaña ou Asturias.

A pesar de nosa curta traxectoria, fomos un dos grupos participantes no Festival da Luz 2019, grazas a ser unha das agrupacións premiadas na edición dese ano do concurso Interritmos organizado pola asociación Deloa. Tamén logramos ser finalistas na edición do Interritmos nos anos 2021 e 2022.

Contratación

Dario Silva Torrado
616 028 123
osliantes@gmail.com

Vídeos

Alborada

OS LIANTES

Tal vez tamén che gusten