BellónMaceiras Dúo naceu no 2005 da unión musical do gaiteiro Daniel Bellón e o acordeonista Diego Maceiras. O seu profundo coñecemento da música tradicional galega, xunto coas súas inquedanzas artísticas e o seu gusto polas músicas doutros países, fixeron que desde o principio este dúo fusionase sen medo ritmos e melodías de distintos lugares, facendo música do mundo desde Galicia.O seu primeiro traballo discográfico, "Unión das Terras", foi o premio que gañaron no Teatro Principal de Santiago de Compostela en marzo do 2006. Con este primeiro disco, o dúo xa tocou en Nova York, Xenebra, Varsovia, París, Madrid, Barcelona, Bruxelas, Lorient, Cuxhaven, etc.No 2007 convidaron a tres músicos a formar parte de BellónMaceiras Quinteto (contrabaixo, batería e guitarra). Esta é, sen dúbida, a característica que mellor define a banda: a fusión de estilos sen complexos e o virtuosismo dos seus compoñentes. "Folkfusión", o disco presentado no 2010 polo quinteto, é definido coma unha nova maneira de entender as músicas do mundo desde Galicia.O disco "Live au Cornouaille", publicado no verán do 2010, é a gravación do concerto do 60º aniversario do Bagad Kemper (actual campión do mundo das bandas de gaitas bretonas), para o que foron convidados Daniel Bellón, Diego Maceiras e, entre outros, músicos da talla de Dan Ar Braz.O ano 2011 comezou con concertos de BellónMaceiras en Moscova (Festival de Nadal na Catedral Católica) e en Cosquín (Festival Nacional de Folklore de Cosquín-Arxentina).
Contratación
Escola BellónMaceirasGema Abad (+34) 654 834 246 - (+34) 881 951 723 info@bellonmaceiras.com