Diego Bea Besada é un músico e produtor galego, ademáis de produtor audiovisual, que traballou con grandes artistas de diversos estilos musicais en Galicia. Co seu primeiro sinxelo, “TOXO”, estréase como artista solista no panorama musical.Algúns dos seus traballos anteriores como productor musical son: “Volver soñar”, de Xulio Lorenzo; arranxos e produción musical de todo o álbum. “Caldo”, de Caldo; gravación e mesturas do disco. Mesturas de "Sin instrucciones" e "Si es contigo", sinxelos de Carla Lourdes.Como produtor audiovisual estes son algúns dos seus últimos traballos: Dirección de gravación do videoclip “Animal” e gravación do videoclip de “Peixe”, ambos de Xisco Feijoó. Dirección e gravación do videoclip “Na beira” de Pelepau. Dirección e realización das sesións en directo de Folk Sessions.
Contratación