Amoeba Split formouse a finais de 2001 na Coruña como un proxecto musical encadrado dentro do rock sinfónico e progresivo, con claras influencias do Son Canterbury. Xa en 2003 a aposta musical baseouse decididamente nun jazz-rock con tinguiduras progresivas, sendo en febreiro do mesmo ano cando rexistran a súa primeira maqueta, que obtén unha excelente acollida tanto na prensa local coma en salas de concertos da provincia da Coruña. Tras o devandito traballo, o grupo emprende un longo camiño con diversos cambios de formación, a composición de novos temas, a experimentación, a participación en proxectos paralelos (caso do trío de jazz rock "Starless", formado por membros do grupo) e a creación de espectáculos audiovisuais.Finalmente, en 2007 decídese a entrada en estudo para a gravación do seu primeiro disco, editado finalmente en setembro de 2010 baixo o título “Dance of the goodbyes”. O disco publicouse en formato CD digifile en edición limitada e numerada a 500 copias, cunha excelente crítica a nivel internacional, e foi nomeado pola web especializada Progawards como "Mellor disco de debut de rock progresivo de 2010". A devandita edición esgotouse aos poucos meses e reeditouse en formato de dobre vinilo. Tras participar en importantes festivais de rock progresivo, xunto a figuras como Neal Morse ou Al Di Meola, o grupo volve ao estudio para gravar o seu segundo disco, "Second Split", editado a principios de 2016 polo selo Azafrán Media.
Contratación
Alberto Villarroya (+34) 680 603 266 amoebasplit@hotmail.com