• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Buogh!

O nome non significa nada e acostumamos dicir que non importa demasiado se nos chaman buogh!, buogxxtthh! ou buogffft!, a cousa ten moito de berro e vómito.

Comezamos no 2005 e sempre fomos nós os tres. Dende entón, facemos unha música que pode definirse como "rock progresivo", xa que as estruturas son pouco convencionais e avanzan en temas longos de 40 ou 50 minutos. Non cantamos en ningún idioma, a voz é un instrumento máis, aínda que agora estamos empezando a introducir o galego. A música é intensa, ten algo de épica.

Funcionamos por ciclos e en 9 anos demos moitos concertos en Galicia e por toda España. Temos tocado con infinidade de bandas, somos un grupo de directo aínda que tamén editamos dúas gravacións. Formamos parte do colectivo Metamovida e ademais de Buogh! cada un de nós participa noutros proxectos como a Orquesta Metamovida, Durarará!, Carcomedhi, Zangief, Cró! e Cachalotauro.

En 2015 gravaremos outra vez.



Contratación

Metamovida
Xacobe
(+34) 669 921 092
buoogh@gmail.com

Discografía

Ao vivo

BUOGH!

2014, Metamovida

Buogh!

BUOGH!

2010, Buogh!

Vídeos

Buogh! ao vivo no Rincon Pio Sound (Don Benito)

BUOGH!

Tal vez tamén che gusten