Miguel Alonso é un cantautor e escritor nacido en Ferrol (A Coruña) en 1984. Desde os seus comezos, a súa música está influenciada polo folk e o rock americano (Dylan, Cohen, Springsteen) e pola canción de autor española e latinoamericana (Sabina, Aute, Silvio Rodríguez). Conta con tres discos editados: "A noite dos cans" (2010), "Como dioses de alquiler" (2014) e "Literaria" (2018), ademais de varios EPs. Aínda que é o letrista habitual das súas cancións, habitualmente en galego, en ocasións ten musicado poetas galegos e galegas actuais.Alonso tamén é membro de Minguante e da banda infantil Música Miúda, ademais de ser escritor con dúas novelas publicadas ata o de agora: "O caso Quintana" (Belagua Ediciones, 2017) e "O caso dos amantes de París" (Belagua Ediciones, 2021).
Contratación
Miguel Alonso 658 600 957 miguel_alonso_fdez@hotmail.com