 
                
            “Mi guerra mundial del yo contra el yo” (2025) é o quinto disco do cantautor galego César de Centi. Foi gravado nos Estudios Diciembre (Madrid) co produtor e guitarrista Borja Montenegro; a mestura do mesmo faina Juan González. Conta coa colaboración do cantautor Ismael Serrano, referente da canción de autor española e latinoamericana.O disco gravárono músicos do talle de Pablo Serrano (batería), Jacob Sureda (piano) e Jacob Regulón (contrabaixo); as guitarras e os baixos grávaos o propio Borja. Preséntase na Sala Garufa Club da Coruña con banda cun cheo.César de Centi (1980), 25 anos de escenarios, actuou en festivais como Noroeste Estrella Galicia, SantiAutor, BarnaSants, Vai de Camiño, no circuíto nacional da canción de autor e na maior parte dos escenarios do xénero en Galicia. En 2022 vaise un mes de xira polo norte de Arxentina xunto a Tato López e Emiliano del Río.Celebra os seus vinte anos de escenarios gravando un disco en directo no Teatro Colón da Coruña.“Principios y declaraciones” xunto a Jose Luis Paz (2008), “La luz de los gigantes” (2014), “Bailando el incendio” (2019) e “Directo en el Teatro Colón” (2022) son os seus traballos anteriores.Paralelamente participou no proxecto CINCOPAREDES (Silvia Penide, Luis Moro, Nando Deibe, Felix Arias) e foi cofundador da Asociación de Cantautores Viernes de Cantautar. Comparte escenario entre outros con Marwan, Tontxu, Pancho Varona, Andreas Prittwitz, Luis Fernández, Mikel Izal, Carlos Chaouen, Daniel Hare, Fito Mansilla, Tato López, Vizcaíno, Prado...
Contratación
cesardecenti@gmail.com 617 178 517 cesardecenti@gmail.com

 
    
                            
                             
    
                            
                             
    
                            
                             
    
                            
                             
    
                            
                             
    
                            
                             
    
                                        
                                     
    
                                        
                                     
    
                                        
                                     
    
                                        
                                     
    
                                        
                                     
    
                                        
                                     
    
                            
                          
    
                            
                          
    
                            
                          
    
                            
                          
    
                            
                          
    
                            
                          
    
                            
                         