• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Mielitza

Mielitza é máis que un proxecto musical.

As súas notas, os seus acordes, as súas letras, en definitiva, as súas cancións, poden chegar a ser grandes como planetas formando unha galaxia ou pequenas como átomos formando unha molécula.

Apoiada nas composicións, voz e guitarra de Carla López e secundada por Iago Mouriño ao piano, Pablo Sanmamed ao baixo e Bruno Couceiro á batería, esta proposta pretende percorrer a viaxe que arranca dende esa minúscula infinidade a aquela grande inmensidade, describindo tanto os extremos como as paradas intermedias dun universo emocional único, poderoso nuns momentos, recollido noutros, mais sempre fluíndo cara adiante igual que vai o río abaixo en dirección ao océano.

Actualmente está en marcha a xira de presentación do seu primeiro traballo discográfico, que leva por título “Unha illa” (2018).

Contratación

Carla López
635 426 766
mielitzamail@gmail.com

Discografía

Unha illa

MIELITZA

2018, LUCECÚ

Vídeos

Coordenadas - [Sesión na fraga]

MIELITZA

Tal vez tamén che gusten